Banquisa
capa de xeo flotante que se forma nas rexións oceánicas polares / From Wikipedia, the free encyclopedia
A banquisa[1] ou xeo mariño é unha capa de xeo flotante que se forma nas rexións oceánicas polares. O seu grosor típico está entre un metro, cando se renova cada ano, e 4 ou 5 metros, cando persiste máis tempo, como ocorre na rexión ártica máis próxima ao polo. Excepcionalmente, fórmanse engrosamentos locais de ata 20 metros de grosor. En moitas ocasións está constituída por bloques de xeo fracturados que quedaron novamente soldados.
Hai que diferenciar a banquisa (orixinada por auga do océano que se conxelou) das plataformas de xeo (capas de xeo procedentes dos glaciares dos continentes).