Bechamel
tipo de mollo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O bechamel (pronunciado [ be.ʃaˈmɛl ], bexamel) é un mollo que se elabora mesturando fariña e manteiga en leite quente até espesar, ao que se lle pode engadir noz moscada ou outros condimentos[1]. O mollo bechamel emprégase coma salsa básica e é un dos mollos máis populares da cociña francesa. Dende finais do século XX popularizouse por todo o mundo, sendo tamén introducido na cociña galega en pratos importados como a lasaña, os canelóns, as croquetas e coma acompañamento doutras preparacións de verduras (coma coliflor ou brócoli) e incluso marisco (coma mexillóns ou vieiras). Ademais de prepararse na casa, pode atoparse envasado (xeralmente en Tetra Brik) e pronto para ser empregado, na zona de refrixerados de tendas de alimentación.
Datos rápidos
Bechamel | |
Tipo | Salsa |
Orixe | Francia |
Gastronomía | Gastronomía de Francia |
Ingredientes | |
Orixe animal | Manteiga Leite |
Orixe vexetal | Fariña |
Relacionados | |
Similares | Salsa Mornay Salsa cardinal Salsa Nantua Salsa bretona Salsa suprema Salsa Soubise |
Pechar