Beta Israel
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Beta Israel (hebreo: בֵּיתֶא יִשְׂרָאֵל, Beyte (beyt) Yisrael; ge'ezቤተ እስራኤል, Bēta 'Isrā'ēl}}[4][5]), tamén coñecidos como os xudeus etíopes (hebreo: יְהוּדֵי אֶתְיוֹפְּיָה: Yehudey Etyopyah; Ge'ez: የኢትዮጵያ አይሁድዊ, ye-Ityoppya Ayhudi) ou falashas (Ge'ez ፈላሻ, hebreo: פלאשים), son unha comunidade de xudeus que viviron e se desenvolveron durante séculos na área do Reino de Axum e no Imperio etíope, hoxe dividido nas rexións etíopes de Amhara e Tigray. Moitos deles emigraron a Israel durante o século XX.[6]
Beta Israel (בֵּיתֶא יִשְׂרָאֵל) Xudeus etíopes | |
---|---|
Un neno Beta Israel en 2005 | |
Poboación | |
Poboación total: 150 000 | |
Rexións principais: | |
Etiopía | 4 000 [1] |
Israel | 138 200[2] (2014) 1,75% da poboación de Israel > 2,15% dos xudeus de Israel |
Estados Unidos | 1 000 [3] |
Aspectos culturais | |
Relixión | Xudaísmo e cristianismo |
Grupos relacionados | outros grupos xudeus. |
O termo falasha non adoita utilizarse polos xudeus etíopes que prefiren a forma Beta Israel. Significa en lingua amhárica "exiliados" ou "inmigrados", e polo habitual considerase como pexorativo. En varias rexións de Etiopía tamén adoitan utilizar os termos kayla e esra'elawi (israelita). Trala emigración a Israel, o termo Beta Israel comezou a ser substituído, polo de xudeus etíopes.[7] ou simplemente por etiopim ("Etíopes").
Este pobo vivía nas rexións norte e noroeste de Etiopía, en máis de 500 pequenos poboados repartidos por un amplo territorio, xunto a poboacións que eran musulmáns e principalmente cristiáns.[8] Moitos deles estaban concentrados nunha área arredor do lago Tana, na rexión de Gondar.
En 1975, o goberno de Israel recoñeceu a condición de xudeus dos Beta Israel. Isto deu lugar a unha difícil emigración ata Israel durante os anos 1980 e 1990, especialmente co establecemento dunha ponte aérea. En 2009, formaban parte desta comunidade preto de 110.000 persoas.[9] en Israel, e no 2014, o número aumentou a 138.200[2].