Biblos
antiga cidade fenicia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Biblos foi unha antiga cidade fenicia situada nun outeiro chamada Gubla nos textos cuneiformes e Gebal na Biblia. Actualmente é unha cidade do Líbano denominada Djubayl, trinta quilómetros ao norte de Beirut.
Biblos | |
---|---|
Templo dos obeliscos | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Líbano |
Localización | |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV, VI |
Inscrición | 1984 (8ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Estados árabes |
Identificador | 295 |
A súa etimoloxía provén do outeiro no que estaba situada[1] (Gablu, montaña en lingua hebrea) que derivou no seu nome orixinal hebreo Gebal, pasando de aquí á forma grega Byblos e de alí a palabra Biblion "libro", que tamén orixinará o termo Biblia.
Foi unha activa cidade mercantil, mercado de papiros, madeira de cedro, e cobre do Cáucaso, convertida no centro comercial do Mediterráneo oriental. Mantivo vasalaxe cos faraóns do antigo Exipto; posteriormente foi cidade tributaria de asirios e persas.
Da antiga Biblos consérvase unha muralla de comezos da Idade de Bronce, o templo Baalat Gebal, unha necrópole e numerosos restos da época romana e medieval.
Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1984