Bigote
From Wikipedia, the free encyclopedia
O bigote[1], bigoteira[2] ou mostacho[3] é o conxunto de pelos faciais localizados entre o nariz e o beizo superior dos seres humanos. É máis abondoso e mesto nos homes. As mulleres teñen menos pelo, e adoitan depilalo ou tinguilo para que non se lles note. O bigote é, normalmente, moito máis fino que o mostacho, que é definido como un bigote groso.
Historicamente, pódese dicir que o bigote é un trazo facial que tende a identificar diferentes culturas. Na sociedade occidental, o bigote caeu en desuso nas últimas décadas ó ser substituído por unha crecente esixencia de limpeza visual. Nalgúns casos serve para agochar defectos na pel ou cicatrices, ou simplemente como adorno segundo a moda.