Biso
From Wikipedia, the free encyclopedia
O biso[1] ou byssus é unha fibra natural obtida dos filamentos que segregan certos moluscos como a nacra (Pinna nobilis) para adherirse ás rocas na zona de marea. A súa elaboración desenvolvíase na área mediterránea (Tarento, Puglia —no sur de Italia— e a illa de Sardeña). Desde 1992 este molusco é unha especie protexida na Unión Europea e Croacia.[2]