Bridge of Spies (filme)
Filme estadounidense de 2015 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bridge of Spies (literalmente en galego: Ponte de espías) é un filme dramático de 2015, dirixido por Steven Spielberg e escrito por Matt Charman, Joel Coen e máis Ethan Coen. O filme está protagonizado por Tom Hanks, Mark Rylance, Amy Ryan e Alan Alda. Baséase na detención do espía ruso Rudolf Abel en 1957 e o denominado Incidente do U-2, ocorrido o primeiro de maio de 1960, durante a guerra fría.
Bridge of Spies | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Steven Spielberg |
Produtor | Steven Spielberg Marc Platt Kristie Macosko Krieger |
Guión | Matt Charman Joel Coen Ethan Coen |
Intérpretes | Tom Hanks Mark Rylance Amy Ryan Alan Alda |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Janusz Kamiński |
Montaxe | Michael Kahn |
Estudio | DreamWorks Pictures Fox 2000 Pictures Reliance Entertainment Participant Media TSG Entertainment Afterworks Limited Studio Babelsberg Amblin Entertainment Marc Platt Productions |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures (Estados Unidos) 20th Century Fox |
Estrea | 4 de outubro (Festival de Cinema de Nova York) 16 de outubro (Estados Unidos de América); 30 de novembro de 2015 (Première en Madrid) España, 4 de decembro de 2015 . |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama histórico Suspense |
Orzamento | 40.000.000 $[1] |
Recadación | 162.737.348 $[2] |
Na rede | |
http://bridgeofspies.com/ | |
|
A rodaxe comezou o 8 de setembro de 2014 en Brooklyn, Nova York. Touchstone Pictures estreou o filme nos Estados Unidos o 16 de outubro de 2015 e a 20th Century Fox distribúeo no resto do mundo. En Galicia estreouse coa dobraxe castelá en decembro de 2015.
O filme foi nomeado coma mellor filme nos premios Óscar de 2015, que tivo lugar o 28 de febreiro de 2016. Finalmente conseguiu o Óscar ó mellor actor secundario para Mark Rylance.