Brigitte Bierlein
Xurista e política austríaca / From Wikipedia, the free encyclopedia
Brigitte Bierlein, nada en Viena o 25 de xuño de 1949,[1] é unha xurista e política austríaca, que foi chanceler de Austria durante algo máis de medio ano a partir do 3 de xuño de 2019.[2]
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1949 (74 anos) Viena, Austria |
15ª Chanceler de Austria | |
3 de xuño de 2019 – 7 de xaneiro de 2020 ← Hartwig Löger – Sebastian Kurz → Nomeado por: Alexander Van der Bellen | |
President of the Constitutional Court (Austria) (en) | |
23 de febreiro de 2018 – 2 de xuño de 2019 ← Gerhart Holzinger (pt) – Christoph Grabenwarter (pt) → Nomeado por: Alexander Van der Bellen | |
Vice-president of the Constitutional Court (en) | |
1 de xaneiro de 2003 – 23 de febreiro de 2018 ← Karl Korinek (pt) – Christoph Grabenwarter (pt) → Nomeado por: Thomas Klestil | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Austria |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Lugar de traballo | Viena |
Ocupación | política (2019–2020), chief judge (en) (2018–2019), procuradora do estado (pt) (1977–2002), xurista , xuíza |
Empregador | Austrian Federal Government (en) (2019–2020) |
Partido político | político independente |
Lingua | Lingua alemá |
Premios | |
Páxina web | bundeskanzleramt.gv.at… |
Foi avogada xeral da Oficina do Procurador, equivalente a fiscal xefe do país, de 1990 a 2002, e membro do taboleiro executivo da Asociación Internacional de Fiscais de 2001 a 2003. En 2003, Bierlein foi elixida membro do Tribunal Constitucional. Entre xaneiro de 2018 e xuño de 2019, exerceu como presidente do tribunal, a primeira muller en ostentar este cargo.
Tras o Caso Ibiza, o presidente de Austria, Alexander Van der Bellen nomeou a Bierlein chanceler interina o 30 de maio de 2019, despois de que unha moción de censura destituíse o goberno de Sebastian Kurz. Era a primeira muller que ocupaba ese cargo en Austria e exerceu até que o seguinte goberno, de novo liderado por Kurz, tomou posesión tralas seguintes eleccións nacionais.[3]