Cafeteira
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cafeteira é un utensilio de cociña usado para preparar a infusión do café, ademais do aparello de cociña que permite preparar o café coma unha bebida quente. Os primeiros aparellos aparecen a finais do século XVIII.[1] Noutrora o café servíase directamente con auga a ferver (café de pota). Polo 1806, Benjamin Thompson inventou un coador para reducir o paso do pouso, mais non conseguiu eliminalos. A comezos do século XX, unha ama de casa de Dresden adicouse a experimentar con diferentes materiais, entre eles un papel secante que utilizaba o seu fillo na escola. O resultado foi perfecto.[2] O complemento da cafeteira é o muíño de café; co que se moe o gran a unha medida concreta para cada clase de cafeteira.
- Este artigo trata sobre o trebello de cociña, cómpre non confundir coa planta do café: a cafeeira.