Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015
From Wikipedia, the free encyclopedia
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 foi a 66ª tempada de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Competiron dez equipos e vinte e dous pilotos, que disputaron dezanove Grandes Premios, comezando o en Australia o 15 de marzo e terminando en Abu Zabi o 29 de novembro.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 22 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 15 de marzo de 2015 – 29 de novembro de 2015 |
Número de edición | 66 (2015) |
Competición | |
Formula One World Drivers' Championship | Lewis Hamilton |
Formula One World Constructors' Championship | Mercedes |
Datos estatísticos | |
Carreires | 19 |
Lewis Hamilton gañou o campionato de pilotos que defendía logo de conseguir o seu segundo título no Gran Premio de Abu Zabi de 2014[1] O seu equipo, Mercedes, comezou a tempada como defensor do campionato de construtores, logo de lograr o seu primeiro título de campión no Gran Premio de Rusia de 2014.[2]
O calendario contou con dous cambios significativos; o primeiro foi o regreso do Gran Premio de México, que se celebrou por primeira vez desde 1992, mentres que o Gran Premio de Alemaña foi eliminado en última instancia, logo de non conseguir finanzación, deixando ao país sen unha proba do Campionato do Mundo por primeira vez en cincuenta e cinco anos.
A tempada 2015 viu a introdución do "Teito de Custos", unha serie de medidas de redución de custos negociados pola FIA en 2013.[3]
Hamilton conseguiu o seu terceiro campionato de pilotos a falta de tres carreiras para o fin da tempada. O subcampión foi o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, 59 puntos por detrás, con Sebastian Vettel de Ferrari terceiro, outros 44 puntos máis atrás. Mercedes asegurou o título de construtores de 2015 no Gran Premio de Rusia, por diante de Ferrari e Williams, e terminou a tempada cunha marca de 703 puntos. Hamilton gañou o Trofeo Pole da FIA, logo de lograr once poles na tempada e o Premio DHL á volta rápida. Ferrari gañou o primeiro Premio Pit Stop DHL.