Campionato de Galicia de fútbol
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato de Galicia foi a máxima competición regular de fútbol do país durante as primeiras décadas do século XX. O seu precursor foi o Campionato de Galicia non oficial organizado polo Vigo Foot-ball Club entre 1905 e 1912. A partir de 1913, a Federación Galega de Fútbol comezou a organizar o campionato galego de xeito oficial. Dende a segunda edición oficial, o torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España, de manera semellante aos outros campionatos territoriais do resto do estado. A medida que o campionato foi crecendo, fóronse creando varias divisións inferiores (Serie B e Serie C), recibindo o nome de Serie A a primeira categoría. Durante certo tempo, o torneo coexistiu co actual sistema de ligas estatais creado en 1929. Foi eliminado en 1940 por decisión da FEF.
Campionato de Galicia Serie A | |
---|---|
Fundación | 1913 |
Desaparición | 1940 |
Rexión | Galicia |
Equipos | Variable |
Ascenso | Campionato Mancomunado Galaico-Ástur (1934-36) |
Descenso | Serie B |
Máis laureado | Deportivo da Coruña Celta de Vigo (6 títulos cada un) |
Organizador | FGF |