Campionato Mancomunado Galaico-Ástur
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Superrexional Grupo 1º (Galicia-Asturias),[1] tamén chamado popularmente Campionato Mancomunado Galaico-Ástur, foi un torneo interterritorial de fútbol de carácter oficial xogado por clubs galegos e asturianos durante as tempadas 1934/35 e 1935/36. Estaba situado xerarquicamente por riba do Campionato de Galicia e do Campionato de Asturias, de xeito que os clubs que tomaban parte no mancomunado non participaban no campionato galego nin no asturiano.
Datos rápidos Campionato Superrexional Grupo 1º (Galicia-Asturias), Fundación ...
Campionato Superrexional Grupo 1º (Galicia-Asturias) | |
---|---|
Fundación | 1934 |
Desaparición | 1936 |
Rexión | Galicia Asturias |
Equipos | 6 |
Descenso | Campionato de Galicia Campionato de Asturias |
Máis laureado | Oviedo F.C. (2 títulos) |
Organizador | FEF |
Pechar