Cantus Arcticus
composición de 1972 creada por Einojuhani Rautavaara / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cantus Arcticus Op. 61, tamén coñecido como Concerto para paxaros e orquestra,[1] é unha composición orquestral do compositor finlandés Einojuhani Rautavaara escrita en 1972. A obra foi composta por encargo da Universidade de Oulu en 1971 para a primeira cerimonia de doutoramento de dita universidade, e foi estreada o 18 de outubro de 1972 en Oulu (Finlandia) pola Oulu Sinfonia baixo a batuta de Stephen Portman. Escrita en tres movementos trátase dunha das obras máis famosas do compositor finlandés e é a súa obra orquestral máis interpretada, así como unha das obras máis coñecidas e queridas da nova música finlandesa.[2][3]
Cantus Arcticus | |
---|---|
de Einojuhani Rautavaara | |
Rautavaara na década de 1950, en torno a 20 anos antes da composición de Cantus Arcticus. | |
Xénero | Sinfónico |
Composición | 1972 |
Editorial | Fazer Music |
Estrea | |
Data | 18 de outubro de 1972 |
Lugar | Universidade de Oulu, Oulu (Finlandia) |
Director | Stephen Portman |
Intérpretes | Oulu Sinfonia |
Subtitulada Concerto para paxaros e orquestra, incorpora gravacións en cinta magnética de cantos de paxaros gravados preto do círculo polar ártico e nos pantanos de Liminka no norte de Finlandia.