Carme (antroponimia)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Carme[1] é un nome propio galego feminino de orixe hebraica כרמן (Har ha'Karmel) que significa xardín de Deus; a través do latín Carmelus, co significado de canto, música, poema, esconxuro, feitizo. Karmel é o nome dun monte situado entre a fronteira de Galilea e Samaría.
Popularizado pola veneración á Virxe do Carme ou Nosa Señora do Monte Carmelo en Israel, o seu santoral é o día 16 de xullo.
Carme, e María do Carme, é un dos nomes máis comúns en Galiza, as máis das veces rexistrado coa súa variante española (Carmen, Maricarmen). Conta coa variante galega común ao portugués: Carmo. É común o diminutivo Carmiña e os hipocorísticos: Carmela, Carmucha, Mucha e Mela.
En España en 2013 había 10.136 mulleres co nome Carme, a maioría en Cataluña, xa que o nome en catalán coincide co galego. En Galiza 149 persoas levaban o nome en galego; mentres que 37.320 levaban a variante castelá.[2]