Carmelo Anthony
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carmelo Kyam Anthony, nado o 29 de maio de 1984 en Brooklyn, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional. Tras a súa exitosa carreira no instituto no Towson Catholic High School e na Oak Hill Academy, Anthony foi á Universidade de Syracuse, onde liderou ós Orangemen ó seu primeiro Campionato Nacional en 2003. Foi nomeado mellor xogador da rexión leste da NCAA. Tras unha tempada en Syracuse, deixou a universidade para entrar no Draft da NBA de 2003, onde foi seleccionado na terceira posición polos Denver Nuggets. Foi traspasado ós New York Knicks días antes do peche de mercado en 2011.
Axente libre | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 29 de maio de 1984 (39 anos) Brooklyn, Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Towson Catholic (Towson, Maryland) Oak Hill Academy (Mouth of Wilson, Virginia) |
Universidade | Syracuse (2002–2003) |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 3 Por Denver Nuggets |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Denver Nuggets (2003–2011) New York Knicks (2011–2017) Oklahoma City Thunder (2017–2018) Houston Rockets (2018–2019) Portland Trail Blazers (2019–2021) Los Angeles Lakers (2021–2022) | |
Premios e galardóns | |
10× NBA All-Star (2007-2008, 2010-2017) 2× Segundo Equipo All-NBA (2010, 2013) 4× Terceiro Equipo All-NBA (2006-2007, 2009, 2012) MVP do Rookie Challenge (2005) 1º Equipo de Rookies (2004) Campión da NCAA (2003) 1× Máximo anotador (2013) |
Dende que entrou na NBA, Anthony converteuse nun dos xogadores máis coñecidos e populares da liga. Foi incluído no primeiro equipo de rookies, foi All-Star en sete ocasións e foi incluído no Equipo All-NBA en seis veces. Anthony liderou ós Nuggets a gañar dous títulos de división e a clasificarse para os playoffs dende 2004 ata 2010. En 2009, axudou ós Nuggets a chegar ás Finais de Conferencia por primeira vez dende 1985. Coma membro da selección de baloncesto dos Estados Unidos, gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2004, e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2008 e de 2012. O 2 de agosto de 2012, Anthony superou a marca de máis puntos anotados nun partido das Olimpíadas por un xogador dos Estados Unidos, con 37 puntos contra Nixeria.[1]