Casa señorial
casa normalmente de campo que historicamente pertencía a unha familia nobre / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha casa señorial ou señoril é a casa na que residiu o tronco, cabeza, xefe ou primeira persoa notábel que deu nome, renome, estados, títulos de honra etc. a unha familia, como un fundador, un personaxe insigne en política, en armas, letras etc. O exemplo máis claro en Galiza é o pazo, casa grande, antiga e nobre, especialmente a situada no medio rural.[1] Adoitan ser da época moderna, aínda que nas máis das veces, cunha orixe medieval (fortaleza ou torre da nobreza galega). Na maioría das rexións europeas onde houbo feudalismo existen castelos, palacios e casas señoriais ou mansións. No caso de Galicia, na gran parte de Francia ou na Gran Bretaña, no que o repartimento da poboación é de orixe xermánica, con moitas aldeas ou núcleos de poboación espallados por todo o espazo e unha organización territorial en parroquias e concellos, adoitan aparecer un tipo de casa señorial rural denominada pazo no caso de Galicia (paço no Norte de Portugal), château en Francia e manor house na Gran Bretaña.