Pazo de Rubiáns
casa señorial no lugar de Rubiáns de Arriba, no concello de Vilagarcía de Arousa / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pazo de Rubiáns é unha casa señorial situada na rúa do Pazo do lugar de Rubiáns de Arriba, na parroquia de Rubiáns, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, moi achegado á vila de Vilagarcía. A súa orixe é unha torre-fortaleza do século XII, convertida en pazo no século XV e reformada no século XVIII, conserva os escudos de García de Caamaño e Mendoza, Señor da Casa de Rubiáns e fundador de Vilagarcía. Posúe unha leira de 70 hectáreas, cun importante viñedo de albariño (D.O. Rías Baixas) e un fermoso xardín onde salientan exemplares centenarios de camelias, que admiten visitas. Destacan os valores botánico, enolóxico e histórico-artístico do conxunto[1].
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Pazo de Rubiáns | |
---|---|
Concello | Vilagarcía de Arousa |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°34′41″N 8°43′59″O |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (Medieval, século XII) |
Estilo actual | (Renacentista de influencia francesa, século XVII) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar