Catedral de Valladolid
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Catedral da Nosa Señora da Asunción de Valladolid é un templo católico localizado na cidade de Valladolid con categoría de catedral, sede da Arquidiocese de Valladolid. Concibida no século XVI e deseñada polo arquitecto Juan de Herrera, é un edificio de estilo herreriano con engadidos barrocos. Actualmente atópase construída nun 40-45%[1], debido á falta de recursos e ós gastos provocados pola difícil cimentación do templo, situado nunha zona cun gran desnivel de terreo.
Catedral de Valladolid | |
---|---|
País | España |
Coordenadas | 41°39′10″N 4°43′24″O |
Diocese | Arquidiocese católica latina de Valladolid |
Estilo | Herrerianismo |
Páxina web | http://www.catedral-valladolid.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Obtivo a categoría de catedral no ano 1595, logo de ser un templo colexial dependente da diocese de Palencia.
Está situada no centro da cidade, nunha zona lixeiramente elevada, preto da Igrexa de Santa María La Antigua e construída xunto á Colexiata de Santa María, anterior igrexa colexial de Valladolid, algúns de cuxos espazos foron destruídos para continuar coas novas obras.