Chechenia
república da Federación Rusa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A República de Chechenia[1][2] (en ruso: Чеченская Республика, "Chechenskaia Respublika"; en checheno: Нохчийн Республика/Noxçiyn Respublika), de xeito simplificado Chechenia (en ruso: Чечня, "Chechnia"; en checheno: Нохчийчоь/Noxçiyçö), é unha república constitucional rusa. Linda ao noroeste co krai de Stavropol, ao nordeste e leste coa república de Daguestán, ao sur con Xeorxia, e ao oeste coa República dos Inguxos e Osetia do Norte-Alania. Está localizada nas montañas do norte do Cáucaso, no Distrito Federal do Sur.
Нохчийчоь (ce) | |||||
Himno | Canción de Shtalak | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | Emirado do Cáucaso (pt) (2007–) | ||||
Estado | Rusia | ||||
Capital | Grozni | ||||
Contén a división administrativa | Achkhoy-Martanovsky District (en) City of Argun (en) City of Grozny (en) Groznensky District (en) Gudermessky District (en) Itum-Kalinsky District (en) Kurchaloyevsky District (en) Nadterechny District (en) Naursky District (en) Nozhay-Yurtovsky District (en) Shalinsky District, Chechen Republic (en) Sharoysky District (en) Shatoysky District (en) Shelkovskoy District (en) Sunzhensky District, Chechen Republic (en) Urus-Martanovsky District (en) Vedensky District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.492.992 (2021) (92,36 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua chechena | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 16.165 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 9 de xaneiro de 1993 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Lista (pt) | Ramzan Kadyrov (2007–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 871 | ||||
ISO 3166-2 | RU-CE | ||||
Identificador OKTMO | 96000000 | ||||
Identificador OKATO | 96 | ||||
Páxina web | chechnya.gov.ru |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Despois do fin da Unión Soviética, un grupo de líderes chechenos declarouse como goberno lexítimo, anunciando un novo parlamento e declarando a independencia como República Ichkeria da Chechenia. Ata hoxe, a súa independencia non foi recoñecida por ningún país. Entre tanto, esta declaración ten causado conflitos armados en que diversos grupos rivais chechenos e o exército de Rusia, resultando en aproximadamente 150.000 mortos, no período entre 1994 e 2003.