Chipre
país do sur de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Chipre ( pronunciación (axuda · info)) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación (axuda · info)) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é unha república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004.
Κυπριακή Δημοκρατία (el) Kıbrıs Cumhuriyeti (tr) | |||||
Himno | Imnos is tin Eleftherian | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | República Turca do Norte de Chipre | ||||
Capital | Nicosia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.141.166 (2013) (123,47 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua grega moderna lingua turca lingua grega | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 9.242,45 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Punto máis alto | Monte Olimpo (1.952 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Mediterráneo (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 16 de agosto de 1960 | ||||
Sucedido por | Turkish Cypriot General Committee (en) | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Presidente | Nikos Christodoulides (pt) (2023–) | ||||
Órgano executivo | Government of Cyprus Republic (en) | ||||
• Presidente | Nikos Christodoulides (pt) | ||||
Órgano lexislativo | Câmara dos Representantes do Chipre (pt) , (Escano: 56) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 28.408.064.462 $ (2021) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cy | ||||
Prefixo telefónico | +357 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 1400 (en) e 199 (pt) | ||||
Código de país | CY | ||||
Código NUTS | CY | ||||
Páxina web | cyprus.gov.cy |
Segundo a lei internacional, a illa de Chipre no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como a República Turca do Norte de Chipre, baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital en Nicosia.
A actividade humana máis antiga coñecida na illa data do décimo milenio antes de Cristo. Os restos arqueolóxicos deste período inclúen a ben conservada aldea Neolítica de Khirokitia, e Chipre alberga algúns dos pozos de auga máis antigos do mundo.[1] Chipre foi colonizado polos gregos micénicos en dúas ondas no II milenio a.C. Como localización estratéxica no Meterráneo Oriental, foi posteriormente ocupada por varias potencias principais, incluíndo os imperios Asirio, Exipcio e Persa, a quen Alexandre o Grande arrebatoulles a illa no 333 a.C. Posteriormente sufriu o dominio do Exipto Tolemaico, de Roma e Imperio Romano de Oriente, Califatos Árabes durante un breve período, a dinastía Lusignan francesa e os venecianos que foron seguidos por máis de tres séculos de dominio otomán entre 1571 e 1878 (de iure ata 1914).[2]
Chipre foi posto baixo a administración do Reino Unido en base á Convención de Chipre en 1878 e foi anexada formalmente polo Reino Unido en 1914. O futuro da illa converteuse nun asunto de desacordo entre as dúas destacadas comunidades étnicas, os grecochipriotas, que constituían o 77% da poboación en 1960, e os turcochipriotas, que constituían o 18% da poboación. A partir do século XIX, a poboación grecochipriota perseguiu a enose, a unión con Grecia, que se converteu nunha política nacional grega na década de 1950.[3][4] A poboación turcochipriota defendeu inicialmente a continuación do goberno británico, pero logo esixiu a anexión da illa a Turquía, e na década de 1950, xunto con Turquía, estableceron unha política de taksim, a partición de Chipre e a creación dunha entidade política turca no norte.[5]
Despois da violencia nacionalista na década de 1950, Chipre logrou a a independencia en 1960.[6] A crise de 1963–64 levou a máis violencia intercomunal entre as dúas comunidades, desprazando a máis de 25.000 turcochipriotas a enclaves[7] e trouxo a fin da representación turcochipriota na república. O 15 de xullo de 1974, un golpe de estado organizado polos nacionalistas grecochipriotas[8][9] e elementos da xunta militar grega[10] nun intento de enose. Esta acción precipitou a invasión turca de Chipre o 20 de xullo,[11] que levou á captura do actual territorio do Norte de Chipre e ao desprazamento de máis de 150.000 grecochipriotas[12][13] e 50.000 turcochipriotas.[14] Un estado turcochipriota separado no norte estableceuse por declaración unilateral en 1983, a medida foi amplamente condenada pola comunidade internacional, só Turquía recoñeceu o novo estado. Estes acontecementos e a situación política resultante son cuestións dunha disputa continua.
A República de Chipre ten de iure soberanía sobre toda a illa, incluídas as súas augas territoriais e zona económica exclusiva, coa excepción das vases áreas soberanas de Akrotiri e Dhekelia, que permanecen baixo o control do Reino Unido segundo os Acordos de Londres e Zúrich. Non obstante, a República de Chipre está de facto dividida en dúas partes principais: a zona baixo o control efectivo da República, situada no sur e o oeste e que comprende preto do 59% da superficie da illa, e o norte,[15] administrado pola autodeclarada República Turca do Norte de Chipre, cubrindo preto do 36% da superficie da illa. O outro case 4% da superficie da illa está cuberto pola Zona neutral das Nacións Unidas. A comunidade internacional considera que a parte norte da illa é territorio da República de Chipre ocupado polas forzas turcas.[lower-alpha 1] A ocupación considérase ilegal segundo o dereito internacional e equivale a ocupación ilegal do territorio da UE desde que Chipre se converteu en membro da Unión Europea.[21]