Cidade do Fútbol de Las Rozas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cidade do Fútbol de Las Rozas é un conxunto de instalacións deportivas propiedade da Real Federación Española de Fútbol, e onde ten a súa sede social esta federación.
Sitúase no municipio de Las Rozas, Comunidade de Madrid (España). Foi aberta en 2003.
Baseada nunha idea do arquitecto Gerardo Ayala, autor do proxecto coñecido como «Génesis», a Cidade do Fútbol está construída sobre unha superficie de 12 ha. Este proxecto custou ao redor de 42 millóns de euros.[1]