Cilióforos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O grupo dos cilióforos (Ciliophora) ou ciliados (Ciliata) é un grupo de protozoos caracterizados pola presenza duns orgánulos con forma de pelo na súa superficie celular chamados cilios. Estes cilios aparecen en todos os membros do grupo (aínda que o grupo dos Suctoria só os presentan en parte do seu ciclo de vida), e utilízanos para diversas funcións, como nadar, arrastrarse, adherirse, alimentarse e percibir sensacións.
- Para o xénero de peixes da orde dos gadiformes, véxase Ciliata (xénero)
Ciliados Rango fósil: Ediacárico - Recente | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
"Ciliados" da Kunstformen der Natur de Ernst Haeckel, 1904 | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Clases | |||||||||
Karyorelictea |
Especificando máis, o termo "Ciliophora" utilízase nas clasificacións como un filo.[1] Os Ciliophora poden clasificarse dentro de Protista [2] ou Protozoa.[3] O termo "Ciliata" tamén se usa nas clasificacións [4] como unha clase taxonómica.[5] (pero este último termo pode tamén referirse a un tipo de peixe). A clasificación dos protistas está en rápida evolución e non é raro atopar estes termos utilizados para describir outros niveis xerárquicos.
Os ciliados son un dos grupos de protistas máis importantes, e son comúns case en todas partes onde haxa auga (lagos, estanques, océanos, ríos, e solos húmidos). Moitos ciliados son ectosimbióticos ou endosimbióticos, e algúns son parasitos obrigados ou oportunistas. Os ciliados son unicelulares, con células de gran tamaño, que atinguen 2 mm de lonxitude, e están entre os protozoos con estrutura máis complexa.