Clostridium
From Wikipedia, the free encyclopedia
Clostridium é un xénero de bacterias anaerobias, con forma de bacilo, grampositivas, que esporulan, algunhas das cales son parasitas e outras saprófitas,[1] e son móbiles, porque en xeral teñen flaxelos peritricos. Os clostridios teñen forma de pau de tambor ou fuso, de onde lles vén o seu nome (do grego κλωστήρ, "kloster", que significa fuso).[2] As especies máis importante son o Clostridium botulinum produtor do botulismo, o Clostridium novyi, Clostridium septicum, Clostridium perfringens produtor da gangrena gasosa e Clostridium tetani produtor do tétano.
Clostridium | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía de microscopio electrónico de varrido de colonias de Clostridium difficile dunha mostra de feces. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
C. acetobutylicum |
O xénero está definido por catro características:[2]
- Presenza de endósporas
- Metabolismo anaerobio estrito
- Incapacidade para reducir sulfatos a sulfitos
- Parede celular grampositiva.