Combustible fósil
materia que procede da biomasa e pode ser queimada para obter enerxía / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os combustibles fósiles ou combustibles minerais son aqueles combustibles orixinados pola descomposición parcial de materia orgánica fai millóns de anos transformada pola presión e temperatura debidas ás capas de sedimentos acumulados sobre el, e que se extraen do subsolo[1] co obxectivo de producir enerxía por combustión. Considéranse combustibles fósiles o carbón, procedente de bosques do período carbonífero, o petróleo e o gas natural procedente doutros organismos.[1]
|
Son recursos de enerxía non renovables porque requiren de millóns de anos para a súa formación de forma natural. Debido ao seu alto poder calorífico son fontes de enerxía útiles para xerar enerxía térmica e o seu uso permitiu o gran crecemento económico e demográfico ligado á revolución industrial do século XIX. Aínda que agora son fundamentais para a nosa economía. O 2007 a combustión de carbón, petróleo e gas natural representou 86,4% da enerxía primaria mundial.[2]
Con todo a súa combustión é unha das principais fontes de contaminación atmosférica e do quecemento global, supoñendo un importante problema de sostibilidade.