Concerto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un concerto[1] é unha actuación musical na «que se executan composicións soltas».[2] No eido da música clásica occidental tamén é a forma musical na que os materiais melódicos, rítmicos e harmónicos se combinan nunha composición, determinando así a calidade sonora global dunha peza. Designa a forma de relacionarse as diversas voces que interveñen nunha peza musical, entendendo como voces diversas liñas melódicas simultáneas, sexan vocais ou instrumentais.
Existe un momento, chamado cadenza, ó final dalgúns movementos, onde o solista toca sen acompañamento, expondo a súa técnica. Nos períodos clásico e romántico, esta parte frecuentemente non era escrita na partitura, sendo improvisada ou escrita polo instrumentista de acordo ós seus gustos e capacidades. Moitas destas cadenzas foron publicadas e aínda hoxe diferentes interpretacións do mesmo concerto poden incluír as escritas por diferentes compositores.