Constante (matemáticas)
concepto matemático; valor que non pode cambiar ou non cambia ao longo dun proceso / From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas, o adxectivo constante significa que non varía. O substantivo constante pode ter dous significados diferentes. Pode referirse a un número fixo e ben definido ou a outro obxecto matemático. O vocábulo constante matemática (e tamén constante física) emprégase ás veces para distinguir este significado do outro. Constante tamén pode referirse a unha función constante ou ao seu valor (é un uso común para identificalos). Tal constante adoita representarse por unha variable que non depende da variable ou variables principais do problema estudado. Isto é o caso, por exemplo, dunha constante de integración que é unha función constante arbitraria (que non depende da variábel de integración) engadida a unha función para conseguir todas as primitivas da función dada.
Por exemplo, a función cuadrática xeral adoita escribirse:
onde a, b e c son constantes (ou parámetros), mentres x é a variable. Un xeito máis explícito para denotar esta función é
que aclara que a función ten argumento x, e así vese implicitamente que a, b e c son constantes. Neste exemplo a, b e c son coeficientes do polinomio. Como c ocorre nun termo que non contén x, chámase termo independente do polinomio e pode ser considerado como o coeficiente de x0; calquera termo dun polinomio ou expresión de grao cero é unha constante.[1]