Crecemento económico
aumento da produción e o consumo nunha economía / From Wikipedia, the free encyclopedia
O crecemento económico é o aumento da renda ou valor de bens e servizos finais producidos por unha economía (xeralmente dun país ou dunha rexión) en determinado período (xeralmente nun ano).[1]
A grandes liñas, o crecemento económico refírese ao incremento de certos indicadores, como a produción de bens e servizos, o maior consumo de enerxía, o aforro, o investimento, unha balanza comercial favorable, o aumento do consumo per cápita, etc. A mellora destes indicadores debería levar teoricamente a unha alza nos estándares de vida da poboación.[2]