Crimea
república autónoma de Ucraína / From Wikipedia, the free encyclopedia
Crimea, que abrangue a República Autónoma de Crimea, (ucraíno: Автономна Республіка Крим - Avtonomna Respublika Krym, ruso: Автономная Республика Крым - Avtonomnaia Respublika Krym, tártaro de Crimea: Qırım Muhtar Cumhuriyeti) e a cidade de Sebastopol, é unha península e república autónoma situada na costa setentrional do Mar Negro que foi anexionada por Rusia no ano 2014.
Автономна Республіка Крим (uk) Qırım Muhtar Cumhuriyeti (crh) | |||||
Himno | Himno de Crimea | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | República da Crimeia (pt) (2014–2014) República da Crimeia (pt) (2014–) | ||||
Estado | Ucraína | ||||
Capital | Simferópol | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.957.801 (2014) (75,07 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua ucraína lingua rusa Lingua tártara de Crimea | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 26.081 km² | ||||
Punto máis alto | Roman-Kosh (pt) (1.545 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de febreiro de 1991 | ||||
Sucedido por | República da Crimeia (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Parlamentarismo | ||||
Órgano lexislativo | Supreme Council of Crimea (en) , (Escano: 100) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +380 | ||||
ISO 3166-2 | UA-43 | ||||
Páxina web | rada.crimea.ua |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Crimea estivo baixo o control ruso dende 1783 até 1954, cando foi transferida dentro Unión Soviética, dende a República Soviética Federativa Socialista de Rusia á República Socialista Soviética de Ucraína. Posteriormente, despois do referendo do 20 de xaneiro de 1991, conseguiu o status de república autónoma dentro da República Socialista Soviética de Ucraína. Cando a Unión Soviética colapsou en 1991 e Ucraína se converteu nun estado independente, Crimea permaneceu como parte da nova Ucraína independente. Porén, en marzo de 2014, despois da revolución ucraína que depuxo ó presidente ucraíno, Viktor Yanukovych, os separatistas pro-rusos e as Forzas Armadas de Rusia tomaron o control do territorio.[1] Celebrouse un controvertido referendo en Crimea, inconstitucional segundo as constitucións de Ucraína e Crimea,[2][3][4] sobre a reunificación con Rusia e cuxos resultados indicaron un apoio maioritario da poboación.[5][6] Crimea foi anexionada a Rusia como a República de Crimea e a cidade federal Sebastopol como suxeito federal de Rusia.[7]
Mentres que Rusia e outros dez membros das Nacións Unidas recoñecen a Crimea como parte da Federación Rusa, Ucraína continúa a reclamar Crimea como parte integral do seu territorio, apoiada pola maioría dos gobernos estranxeiros e a Resolución 68/262 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.[8]