Diccionario da Real Academia Galega
obra lexicográfica de 1997, normativa entre entón e 2012 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Diccionario da Real Academia Galega é un dicionario monolingüe galego en papel elaborado pola Real Academia Galega e publicado por Edicións Xerais de Galicia e Galaxia en 1997 que contén 25 000 entradas[1]. Dicionario de uso, tiña carácter normativo para a lingua galega. Viña substituír o Diccionario da lingua galega que se publicara en 1990. Desde 2012 cumpre as súas funcións o Dicionario da Real Academia Galega, que só conta con versión dixital.
Non confundir con Dicionario da Real Academia Galega.