Dinastía Ming
penúltima dinastía gobernante na China / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Dinastía Ming (chinés: 明朝; pinyin: Míng Cháo; Wade-Giles: Ming2 Ch'ao2), tamén coñecida como Imperio do Gran Ming (chinés tradicional: 大明國; chinés simplificado: 大明国; pinyin: Dà Míng Guó; Wade-Giles: Ta4 Ming2 Guo2), foi a penúltima dinastía gobernante na China e que gobernou durante 276 anos (entre 1368 e 1644) trala caída do Imperio Mongol liderado pola dinastía Yuan. A Ming foi descrita por algúns como "unha das máis grandes épocas de orde de goberno e estabilidade social da historia humana",[1] foi a derradeira dinastía da China rexida pola etnia han.
大明 (zh) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Yingtian Fu (en) (1368–1421) Shuntian Fu (en) (1421–1424) Yingtian Fu (en) (1424–1441) Shuntian Fu (en) (1441–1644) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 59.873.305 (1381) (9,21 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua chinesa | ||||
Relixión | budismo, Taoísmo e Confucianismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 6.500.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1368 | ||||
Disolución | 1644 | ||||
Sucedido por | dinastia Shun (pt) , Dinastía Qing e Dinastia Ming do Sul (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | ||||
Moeda | Bimetalismo | ||||
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O fundador da dinastía Ming, o emperador Hongwu (r. 1368-1398), tentou crear unha sociedade de comunidades rurais autosuficientes ordenadas nun sistema ríxido e inmóbil que garantise e mantivese unha clase permanente de soldados para a súa dinastía:[2] O exército permanente do imperio superaba o millón de soldados[3] e os estaleiros da armada ming en Nanjing eran os maiores do mundo.[4] Tamén tivo moito coidado de romper o poder dos eunucos da corte[5] e o dos magnates non relacionados con esta, pois enfeudaban aos seus numerosos fillos por toda China, e tentou guiar a estes príncipes a través dun conxunto de instrucións dinásticas publicadas no Huang-Ming Zuxun. Isto fracasou cando o seu sucesor adolescente, o emperador Jianwen, tentou recortar o poder do seu tío, o que provocou a campaña de Jingnan, un levantamento que colocou ao príncipe de Yan no trono como emperador Yongle en 1402. O emperador Yongle estableceu Yan como capital secundaria e a rebautizó como Pequín, construíu a Cidade Prohibida e restaurou o Gran Canal e a primacía dos exames imperiais nos nomeamentos oficiais. Recompensou aos seus partidarios eunucos e empregounos como contrapeso fronte aos eruditos-burócratas confucianos. Aínda que xa se levaran a cabo expedicións comerciais e diplomáticas desde China en períodos anteriores, durante o século XV a frota tributaria do almirante eunuco musulmán Zheng Hei superou a todas as demais en tamaño. Zheng Hei, dirixiu sete enormes viaxes de exploración polo océano Índico ata Arabia e as costas orientais de África.
O ascenso de novos emperadores e novas faccións diminuíu tales extravagancias; a captura do emperador Zhu Qizhen dos Ming durante a crise de Tumu de 1449 acabou con elas por completo. Deixouse que a armada imperial caese en desuso mentres os traballadores forzados construían a empalizada de Liaodong e conectaban e fortificaban a Gran Muralla na súa forma moderna. Cada dez anos realizábanse amplos censos de todo o imperio, pero o desexo de evitar o traballo e os impostos e a dificultade de almacenar e revisar os enormes arquivos de Nanjing dificultaron a obtención de cifras exactas. .[2] As estimacións para a poboación de finais da dinastía de Ming varían entre 160 e 200 millóns de persoas.[n. 1] pero os ingresos necesarios recaudabanse cada vez a un número menor de agricultores, xa que estes desaparecían dos rexistros oficiais pois "doaban" as súas terras a eunucos ou templos exentos de impostos.[2] As leis "Haijin", destinadas a protexer as costas dos piratas "xaponeses", converteron a moitos en contrabandistas e piratas.
A reconstrución da base agrícola chinesa e a mellora das vías de comunicación a través dun sistema de camiños militarizados tivo o efecto inesperado de xerar un gran excedente agrícola que puido ser vendido en florecentes mercados próximos ás vías de comunicación. A cultura rural e comercial recibiu a influencia das modas urbanas. Os chanzos máis altos da sociedade, equiparados á baixa nobreza, víronse igualmente afectados por esta nova cultura centrada no consumo. Afastándose das tradicións, as familias comerciantes comezaron a integrarse no seo da administración e da burocracia e adoptaron os trazos culturais e as prácticas da nobreza. Paralelo a esta evolución da sociedade e do comercio, houbo cambios no pensamento filosófico, as institucións gobernamentais e nas artes e a literatura.
No século XVI, con todo, a expansión do comercio europeo -aínda que restrinxido a illas próximas a Guangzhou como Macau- difundiu na China o intercambio colombiano de cultivos, plantas e animais, introducindo o chile na cociña de Sichuan e os altamente produtivos millo e patacas, que diminuíron as fames negras e estimularon o crecemento demográfico. O crecemento do comercio portugués español, e alemá creou unha nova demanda de produtos chineses produciu unha afluencia masiva de xaponesés e prata americana. Esta abundancia de especies remonetizou a economía Ming, cuxo diñeiro sufrira repetidas hiperinflacións e xa non inspiraba confianza. Mentres que os confucianos tradicionais opoñíanse a un papel tan destacado do comercio e dos novos ricos que creaba, a heterodoxia introducida por Wang Yangming permitiu unha actitude máis compracente. As reformas inicialmente exitosas de Zhang Juzheng resultaron devastadoras cando unha retardación da agricultura producida pola Pequena Idade de Xeo combinouse con cambios na política xaponesa e española que cortaron rapidamente a subministración de prata agora necesaria para que os agricultores puidesen pagar os seus impostos. En combinación coa perda de colleitas, as inundacións e a epidemia, a dinastía derrubouse en 1644 cando as forzas de Li Zicheng entraron en Pequín, aínda que as forzas de Li foron derrotadas pouco despois polos exércitos manchú dos Oito Estandartes dirixidos pola dinastía Qing.
Aínda que a primeira capital, Pequín, caeu en 1644 a causa dunha rebelión encabezada por Li Zicheng (quen estableceu a Dinastía Shun, axiña substituída pola Dinastía Qing, de orixe manchú), os réximes leais aos Ming, chamados no seu conxunto Dinastía Ming do Sur, sobreviviron ata 1662.