Dreidel
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un dreidel (Yiddish: דריידל dreydl plural: dreydlekh, Hebreo: סביבון Sevivon) é unha perinola de catro caras, coa que se xoga durante a festa xudía de Hanuka.[1] O dreidel é unha variante xudía da perinola, o xoguete atópase en moitas culturas europeas.
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Cada lado da perinola ten unha letra do alfabeto hebreo: נ (Nun), ג (Gimel), ה (He), ש (Shin), que xuntos forman o acrónimo de "נס גדול היה שם" (Nes Gadol Haia Sham - "un gran milagre ocorreu alí"). Estas letras forman tamén unha regra mnemotécnica para as regras dun xogo de azar xogado cun dreidel: Nun representa a palabra yiddish nisht ("nada"), Hei representa halb ("medio"), Gimel para gants ("todos"), e Shin para shtel ayn ("colocar"). En Israel, o cuarto lado da maioría dos dreidels está inscrito coa letra פ (Pei), facendo que o acrónimo, נס גדול היה פה (Nes Gadol Haia Poh - "Un gran milagre ocorreu aquí"), en referencia ao milagre que ocorre na terra de Israel. Algunhas tendas nos barrios haredí venden dreidels coa letra ש.