ElPozo Murcia Fútbol Sala
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ElPozo Murcia Fútbol Sala ou ElPozo Murcia Turística, por motivos de patrocinio, é un equipo español de fútbol sala da cidade de Murcia (Rexión de Murcia). Actualmente compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala e é un dos equipos máis laureados do fútbol sala español.
Datos rápidos Nome, Fundación ...
ElPozo Murcia Turística | |||
---|---|---|---|
Nome | ElPozo Murcia Fútbol Sala | ||
Fundación | 1989 | ||
Estadio | Palacio de Deportes de Murcia Murcia, España | ||
Inauguración | 1994 | ||
Capacidade | 7.500 | ||
Presidente | José Antonio Bolerín | ||
Adestrador | Duda | ||
Liga | División de Honra (LNFS) | ||
2009-10 | 1º e campión | ||
Vestimenta | Luanvi | ||
Patrocinador | ElPozo | ||
Na rede | |||
http://www.elpozomurcia.com/ | |||
| |||
Pechar
Fundouse en 1989 co apoio da empresa murciana de alimentación ElPozo, que se mantén como principal patrocinador. Ese ano comprou os dereitos do Cruz Joyita na LNFS, equipo murciano que xa patrocinara en anteriores ocasións. Ao longo da súa historia, o ElPozo gañou cinco títulos de Liga e catro Copas de España, así como unha Recopa de Europa na tempada 2003-04.