Palacio de Deportes de Murcia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Palacio de Deportes de Murcia é un pavillón deportivo multiúsos da cidade de Murcia, España. O recinto serve de sede para o equipo de baloncesto UCAM Murcia e para o de fútbol sala ElPozo Murcia. Deseñado polo arquitecto Miguel Ángel Beloqui, foi construído en 1994, contando coas mellores innovacións existentes da época e custando máis de 4.500 millóns de pesetas. Ten unha capacidade total de 7.454 espectadores[1] (6.026 en bancadas fixas e 1.428 en bancadas móbiles), ampliable a preto de 9.000 con bancadas supletorias. Está situado na Avenida del Rocío, na zona da capital murciana coñecida como Las Atalayas.
Datos rápidos Datos, Localización ...
Palacio de Deportes de Murcia | |
---|---|
Datos | |
Localización | Murcia, España |
Construción | |
Inauguración | 1994 |
Arquitecto | Miguel Ángel Beloqui |
Custo | 30 000 000 € |
Estadio | |
Capacidade | 7 454 espectadores |
Propietario | Concello de Murcia |
Localía | UCAM Murcia CB ElPozo Murcia FS |
Pechar