Eric Heiden
From Wikipedia, the free encyclopedia
Eric Heiden, nado en Madison (Wisconsin) o 14 de agosto de 1958, é un médico estadounidense e antigo patinador e ciclista en ruta e en pista. Gañou un número sen precedentes de cinco medallas de ouro individuais e estableceu catro récords olímpicos e un récord do mundo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980. Heiden foi o deportista de máis éxito neses xogos, gañando máis medallas de ouro que todos os países agás a Unión Soviética (10) e a República Democrática Alemá (9).[1] Continúa a ser o olímpico de inverno con maior éxito nuns únicos xogos. is the most successful Winter Olympian from a single edition of any Winter Olympics.
Heiden é unha icona na comunidade da patinaxe de velocidade. As súas vitorias son salientables, xa que poucos patinadores (e atletas en xeral) gañaron competicións tanto de sprint como de longa distancia. Heiden é o único patinador de velocidade que gañou en todas as especialidades. Está considerado como o patinador máis completo da historia. Foi situado no posto 46 na listaxe de ESPN dos 50 grandes deportistas do século XX en 1999, sendo o único patinador de velocidade da lista. En 2000, un xornal neerlandés denominouno o mellor patinador da historia.[2]