Esciro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Esciro ou Esciros (Skyros ou Scyrus, Σκύρος) é unha illa grega do mar Exeo, unha das Espóradas, ao leste de Eubea na ruta cara ao Ponto. Está formada por dúas partes (norte e sur) dividida por un istmo.
Datos rápidos Situación, País ...
Esciro | |
---|---|
Σκῦρος | |
Vista de Esciro | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Arquipélago | Espóradas |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | 38°54′N 24°33′L |
Xeografía | |
Superficie | 223 km² |
Punto máis alto | 792 m.Monte Olympus |
Demografía | |
Capital | Esciro |
Poboación | 2.994 hab. (2011) |
Densidade | 13 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
Pechar
Antigamente tiña unha cidade co mesmo nome e un río chamado Cefiso. A capital aínda leva o nome de Skyros ou Chora e está ao nordés (antes chamábase San Xurxo). A súa superficie é de 215 km² e a poboación de 3.000 habitantes. A altura máxima está no monte Kokhilas, na parte sur con 793 metros. Nas proximidades hai 32 illas e illotes. O porto de Linaria está no suroeste. Na parte norte está o monte Olimpo con 399 metros.