Escudo de Tanzania
From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Tanzania ten a mesma forma que os empregados tradicionalmente polos guerreiros do país. Está dividido en catro particións colocadas en pau (verticalmente). Na división superior, nun campo de ouro, hai un facho da mesma cor e de goles; na segunda, a bandeira de Tanzania; na terceira, un campo de goles, dúas machadas de ouro colocadas en banda e barra; na cuarta tres ondas de azur e de prata.
Escudo de Tanzania | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Tanzania |
Adoptado | 6 de decembro de 1961[1] |
Alicerce | Unha representación do Kilimanjaro. Cairos de elefante son sostidos por un home e unha muller. |
Divisa | Uhuru na Umoja "Liberdade e Unidade" (suahili) |
Sosteñen o escudo dúas figuras tanzanas, un home e unha muller, portando tamén cadanseu cairo de elefante. Ó carón dos pés do home hai unha planta de craveiro da India e nos da muller unha planta de algodoeiro. Baixo o escudo figura unha representación do Kilimanjaro.
Na parte inferior do escudo escrito nunha cinta, pode lerse o lema nacional: "Uhuru na Umoja", que en suahili significa, (“Liberdade e Unidade”).