España
país situado no suroeste de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
España[1] ( pronunciación (axuda · info)), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España[2][3] ( pronunciación (axuda · info)), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Reino de España (es) | |||||||||||||||||||||||
Himno | Marcha Real (1939) | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lema | «Plus Ultra» | ||||||||||||||||||||||
Nomeado en referencia a | Hispania | ||||||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Capital | Madrid | ||||||||||||||||||||||
Comunidade autónoma | 17 | ||||||||||||||||||||||
Provincia | 50 | ||||||||||||||||||||||
Cidade autónoma | 2 | ||||||||||||||||||||||
Municipio | 8.124 | ||||||||||||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||
Poboación | 47.415.750 (2021) (93,71 hab./km²) | ||||||||||||||||||||||
Xentilicio | español, española, españois, españolas | ||||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||||||||||||||||||||
Relixión | aconfesional | ||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||||||||
Superficie | 505.990 km² | ||||||||||||||||||||||
Bañado por | Océano Atlántico, Mar Mediterráneo, Mar Cantábrico e Mar de Alborán | ||||||||||||||||||||||
Punto máis alto | Teide (3.718 m) | ||||||||||||||||||||||
Punto máis baixo | Las Cruces (−107 m) | ||||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||||||||
Cronoloxía 1479: Monarquía Reis Católicos causado por Unión dinástica de Aragón e Castela 1715 (<1715): Casa de Borbón-Anjou causado por Decretos de Nueva Planta, Tratado de Baden 19 de marzo de 1812 ↔ 4 de maio de 1814: Constitución española de 1812 ↔ Estado Liberal 9 de decembro de 1931 ↔ 1 de abril de 1939: Constitución da República Española de 1931 ↔ República 29 de decembro de 1978: Constitución española de 1978 (Transición Española) | |||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Asunción de María Festa Nacional de España (12 de outubro) Día da Constitución de España (6 de decembro) Inmaculada Concepción (8 de decembro) Nadal (25 de decembro) Epifanía (6 de xaneiro) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) | ||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria | ||||||||||||||||||||||
• Monarca | Filipe de Borbón e Grecia (2014–) | ||||||||||||||||||||||
Órgano executivo | Goberno e política de España | ||||||||||||||||||||||
• Presidente | Pedro Sánchez (2018–) | ||||||||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Cortes Xerais , | ||||||||||||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Supremo de España | ||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||
PIB nominal | 1.427.380.681.295 $ (2021) | ||||||||||||||||||||||
PIB per cápita | 29.993,06 $ (2019) | ||||||||||||||||||||||
Moeda | euro | ||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .es | ||||||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | +34 | ||||||||||||||||||||||
Teléfono de emerxencia | 112, 061 (en) e 091 | ||||||||||||||||||||||
Código de país | ES | ||||||||||||||||||||||
Código NUTS | ES | ||||||||||||||||||||||
Páxina web | administracion.gob.es | ||||||||||||||||||||||
España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.[4]
Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia[5]. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.
De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.[1]
A economía española é a 14ª economía mundial en termos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.[6]
Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.[7]