Estadio Moses Mabhida
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Moses Mabhida é un estadio multiúsos situado en Durban (Suráfrica), construído para a disputa da Copa Mundial de Fútbol de 2010. Leva o nome de Moses Mabhida, un exsecretario xeral do Partido Comunista Surafricano (SACP), e está destinado a ser un estadio de usos múltiples de categoría mundial.[1]
Estadio Moses Mabhida | |
---|---|
Datos | |
Localización | Durban, Suráfrica |
Construción | |
Inauguración | 24 de novembro de 2009 |
Arquitecto | GMP Architekten |
Custo | $450 millóns |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 320x280x45 |
Capacidade | 70.000 |
Propietario | eThekwini |
Eventos | |
O estadio ten unha capacidade prevista dunhas 70.000 persoas. Está situado no novo Recinto Deportivo Kings Park, como parte dos plans da cidade para a Copa do Mundo da FIFA. Sitúase xunto ao antigo Estadio Kings Park, que dará paso ao novo complexo que inclúe un pavillón cuberto, un museo do deporte, novos aparcadoiros e unha estación de transporte. O nome previsto nun principio para esta instalación era Estadio King Senzangakhona, e aínda é coñecido con este nome nalgúns ámbitos.