Ferradura
peza que se utiliza para protexer os cascos e os pezuños dos animais / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha ferradura[1] é unha peza en forma de letra "U" que se utiliza para protexer os cascos e os pezuños dos animais contra o desgaste e as fendas.
Poden ser de ferro, caucho, plástico ou coiro, e colócanse cravándoas ou pegándoas na beira dos pezuños dos cabalos, mulas, e burros. Pola súa banda, as ferraduras que se lles poñen ós bois e ás vacas son diferentes para adaptarse á forma dos seus pezuños con dous dedos.