Festival de Eurovisión Júnior 2008
VI Festival da Canción de Eurovisión Junior / From Wikipedia, the free encyclopedia
O VI Festival de Eurovisión Junior celebrouse en Chipre, na cidade de Limassol o 22 de novembro de 2008. O concurso celebrouse no Palais des Sports, e foi presentado por Axel Michael e Sophia Paraskeva. O país gañador foi Xeorxia, coa canción Bzz..., interpretada polo trío Bzikebi, que obtivo 154 puntos. Esta é a primeira vez, neste concurso, que gaña unha canción nun idioma inventado.[1]
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Festival de Eurovisión Júnior 2008 | |
---|---|
Anfitrión | |
Lugar | Spyros Kyprianou Athletic Centre Limassol Chipre Chipre |
Presentador(es) | Alex Michael Sophia Paraskeva |
Acto(s) intermedio(s) | Dimitris Korgialas & Evridiki, Dima Bilán, todos los participantes interpretan la canción "Hand in Hand" |
Chipre gañou o concurso previo para organizar o Festival ante outros tres países: Portugal, Suecia e Ucraína. A televisión chipriota CyBC foi a encargada de organizar o espectáculo.
En canto aos cambios no formato, a organización decidiu reducir de oito a seis o número máximo de persoas no escenario durante unha actuación. Outro cambio importante foi a implantación dun xurado que ten o 50% dos votos de cada país. A orde de participación decidiuse o 13 e 14 de outubro.[2]