Festival de Eurovisión 2011
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival da Canción de Eurovisión 2011 celebrouse os días 10, 12 e 14 de maio en Alemaña, trala vitoria en 2010 de Lena Meyer-Landrut co tema Satellite, o cal obtivo un total de 246 puntos.
Festival de Eurovisión 2011 "Feel Your Heart Beat!" | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 12 de maio |
Semi-final 2 | 14 de maio |
Final | 10 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Esprit Arena Düsseldorf, Alemaña[1] |
Presentador(es) | Anke Engelke, Judith Rakers e Stefan Raab |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Televisión anfitrioa | ARD/NDR |
Apertura | Final: Stefan Raab interpretando "Satellite" con Lena Meyer-Landrut |
Participantes | |
Participantes | 43 |
Países que retornan | Austria Hungría Italia San Marino |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | "Running Scared" |
Festival de Eurovisión | |
◄2010 2012► |
Nesta edición, a canción Running scared, de Acerbaixán, interpretada polo dúo Ell & Nikki, foi a gañadora con 221 puntos,[2] seguida de Italia con 189 puntos e Suecia con 185 puntos.
Foi a primeira vez que Alemaña organizou o festival como un país unificado, e a terceira ocasión na que a ARD/NDR se ocupou da súa realización. En anteriores edicións, Frankfurt (1957) e Múnic (1983) acolleron edicións do Festival sendo ambas cidades da República Federal Alemá.[3][4] Tamén foi a primeira vez que o Festival se celebrou nun país do denominado Big Four (Alemaña, España, Francia e o Reino Unido, que son os máximos contribuíntes do festival a nivel económico) desde a creación do grupo no ano 2000.[5]
Despois de anos sen participar, Italia, membro do extinto Big Five, volveu ao festival tras 13 anos sen concorrer, quedando en segunda posición. Xunto a Italia, Austria, Hungría e San Marino volveron formar parte do Festival de Eurovisión.
España foi representada no festival pola cantante galega Lucía Pérez, que acabou en 23ª posición, con 50 puntos.