Five Finger Death Punch
grupo musical estadounidense de heavy metal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Five Finger Death Punch (abreviado FFDP ou 5FDP) é un grupo musical estadounidense de heavy metal formado no 2005 en Las Vegas, Nevada.[4] A formación orixinal do grupo consistía no vocalista Ivan Moody, o guitarrista Zoltan Bathory, o tamén guitarrista Caleb Andrew Bingham, o baixista Matt Snell e o batería Jeremy Spencer. Darrell Roberts substituíu a Bingham no ano 2006, e á súa vez foi substituído por Jason Hook en 2009. Matt Snell deixou o grupo no 2010,[5] e foi substituído por Chris Kael no 2011.
Five Finger Death Punch | |
---|---|
Orixe | Las Vegas, Nevada, |
Período | Dende 2005 |
Xénero(s) | Groove metal, Heavy metal, Hard rock, Metal alternativo[1][2][3] |
Selo(s) discográfico(s) | Firm/EMI, Prospect Park, Spinefarm/Universal |
Membros | Zoltan Bathory Jason Hook Chris Kael Ivan Moody Jeremy Spencer |
Antigos membros | Caleb Bingham Darrell Roberts Matt Snell |
Artistas relacionados | U.P.O., Motograter, In This Moment, Ghost Machine |
Na rede | |
www | |
Os seus dous primeiros álbums, The Way of the Fist no 2007 e War Is the Answer no 2009, venderon máis de 500 000 copias nos Estados Unidos, sendo ámbolos dous certificados como discos de ouro pola RIAA.[6] O terceiro álbum do grupo, titulado American Capitalist, saíu ao mercado o 11 de outubro do 2011, acadando a certificación de ouro no seu primeiro ano á venda. O grupo ten participado en varios festivais internacionais de música ao longo da súa carreira, como o Mayhem Festival en 2008, 2010 e 2013; o Download Festival en 2009, 2010 e 2013; ou o Resurrection Fest en 2014.[7]