Flevopolder
From Wikipedia, the free encyclopedia
Flevopolder é unha superficie de varios pólders en terras gañadas ao mar situada na provincia de Flevoland nos Países Baixos. Flevopolder componse de dous pólders, o pólder meridional (Zuidelijk) drenado e construído en 1968 e o oriental (Oostelijk) finalizado antes en 1955. A diferenza doutros pólders, Flevopolder está rodeado completamente por auga, polo cal pode dicirse que é unha illa, ás veces é considerada a illa artificial máis grande do mundo.[1] Flevopolder xunto co Noordoostpolder, forman a provincia de Flevoland xa que esta está feita enteiramente de pólders.
Datos rápidos Situación, País ...
Flevopolder | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Países Baixos |
Provincia | Flevoland |
Coordenadas | 52°30′N 5°28′L |
Xeografía | |
Superficie | 970 km² |
Demografía | |
Poboación | 317.000 (2007) |
Pechar