Forzas Armadas de Xeorxia
From Wikipedia, the free encyclopedia
As forzas armadas da Xeorxianas (xeorxiano: საქართველოს შეიარაღებული ძალები) son a principal forza de defensa nacional de Xeorxia. Consisten nun exército e unha forza aérea alén dunha garda nacional e a garda costeira. Segundo a constitución, o seu obxectivo principal é protexer a independencia e a soberanía do Estado e garantir a integridade territorial da nación. As forzas armadas de Xeorxia son sometidas ao Ministerio de Defensa co poder investido na figura do Presidente como o comandante en xefe[1]. Tras gañar a súa independencia no comezo da década de 1990 a ex República Soviética de Xeorxia tiña un pequeno exército creado no estándar das Forzas Armadas da Unión Soviética. No comezo da década de 2000, o país buscou unha maior aproximación con Occidente, especialmente cos Estados Unidos. Os americanos pasaron a fornecer armas aos xeorxianos, que en apoio enviaron tropas para Kosovo, Iraq e Afganistán.
Forzas Armadas de Xeorxia | |
---|---|
Tipo | forzas armadas |
Data de fundación | 20 de decembro de 1990 |
Sede | Tbilisi |
País | Xeorxia |
Na rede | |
https://mod.gov.ge | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo amosa letras xeorxianas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Durante o conflito de Osetia do Sur de 2008, o país perdeu unha grande enorme cantidade de equipos militares. Con todo, tras o conflito Xeorxia reconstruíu as súas forzas armadas importando material dos Estados Unidos e, sobre todo da Europa Oriental. En 2009, o seu poderío militar xa era superior que antes da guerra contra Rusia o ano anterior.[2]