Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Estevo de Lorena e Borbón-Orleáns (en francés François-Étienne de Lorraine; en alemán Franz Stephan von Lothringen), coñecido tamén cos nomes de Francisco II de Toscana, Francisco III de Lorena e Francisco III Estevo, duque de Lorena, nado o 8 de decembro de 1708 en Nancy, Ducado de Lorena, e finado o 18 de agosto de 1765 en Innsbruck, Austria, Sacro Imperio Romano Xermánico,[1] foi duque de Lorena e de Bar (Francisco III) de 1729 a 1736, de Teschen (Francisco I Estevo) de 1729 a 1765, gran duque de Toscana (Francisco II) de 1737 a 1765, sendo nomeado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico polo seu matrimonio coa arquiduquesa herdeira María Tareixa de Austria, reinando baixo o nome de Francisco I desde o 13 de setembro de 1745 até o 18 de agosto de 1765.