Friedrich Karl von Savigny
xurista alemán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Friedrich Karl von Savigny, nado en Frankfurt do Meno o 21 de febreiro de 1779[1] e falecido en Berlín o 25 de outubro de 1861, foi un xurista alemán, dos máis influíntes no século XIX e fundador da escola histórica do dereito alemá. As súas ideas tiveron unha grande influencia no dereito alemán e tamén nos países de tradición romano-xermánica especialmente no eido do dereito civil.
Nome orixinal | (de) Friedrich Carl von Savigny |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de febreiro de 1779 Frankfurt |
Morte | 25 de outubro de 1861 (82 anos) Berlín |
Membro da Câmara dos Lordes da Prússia (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Prusia |
Educación | Universidade Philipps de Marburgo Universidade de Jena Universidade de Leipzig |
Actividade | |
Campo de traballo | Xurisprudencia |
Lugar de traballo | Marburgo |
Ocupación | xurista , político , filósofo , profesor universitario , historiador do dereito , escritor |
Empregador | Universidade Philipps de Marburgo Universidade de Berlín Universidade Humboldt de Berlín |
Membro de | |
Alumnos | Rudolf von Gneist, Karl Eduard Otto (pt) e Friedrich von Wyss (en) |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Doutorando | Timofey Granovsky (pt) |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Gunda von Savigny |
Parella | Karoline von Günderrode (pt) |
Fillos | Karl Friedrich von Savigny (pt) () Gunda von Savigny (pt) Leo von Savigny () Gunda von Savigny (pt) |
Pai | Christian Carl Ludwig Ritter von Savigny |
Premios | |
Savigny foi o creador e desenvolvedor do concepto de relación xurídica e doutros conceptos relacionados, como o feito xurídico; igualmente, o seu método histórico influíu, entre outros movementos, na xurisprudencia dos conceptos.
Foi profesor nas universidades de Marburgo (1803-1808) e de Landshut (1808-1810) e o primeiro catedrático de Dereito romano na Universidade de Berlín, onde ensinou até 1842. Ocupou tamén varios cargos públicos no Estado prusiano, do que foi ministro para a reforma lexislativa (1842-1848). Renunciou en 1848, por mor da vaga de revolucións e se dedicouse exclusivamente a realizar traballos científicos.