Fulmar
From Wikipedia, the free encyclopedia
O fulmar,[4] fulmar boreal[5][6] ou pardela glacial[7][8][9] (Fulmarus glacialis) é unha ave mariña moi abundante que se encontra principalmente en rexións subárticas do Atlántico norte e Pacífico norte. Foi confirmado o seu avistamento no hemisferio sur, por un só paxaro observado en Nova Zelandia,[10] pero existe tamén outra especie de fulmar distinta propia da rexión antártica. Os fulmares do norte poden presentarse nun ou dous morfos de cor: un claro, con cabeza e corpo brancos e ás e cola grises, e outro escuro, que é uniformemente gris. Aínda que é similar en aparencia ás gaivotas, o fulmar é de feito un membro da familia das pardelas, Procellariidae.
Fulmarus glacialis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución de F. glacialis | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Fulmarus glacialis glacialis |
O fulmar boreal (Fulmarus glacialis) e a súa especie fraterna do sur, o Fulmarus glacialoides, son os únicos membros existentes do xénero Fulmarus. Os fulmares pertencen á orde Procellariiformes, polo que presentan as características identificativas da orde. Teñen tubos nasais na parte superior do bico chamados naricornos, cos orificios nasais na parte superior do bico (os albatros son os únicos procelariformes que os teñen nos lados do bico). Os bicos dos Procellariiformes están divididos en dous por medio de entre sete e nove placas córneas. Unha destas placas forma a porción ganchuda do bico superior, chamada unguis maxilar. O fulmar produce un aceite estomacal composto de ésteres céreos e triglicéridos que se almacena no proventrículo. Este aceite pódeno asperxer lanzándoo pola boca como defensa contra os depredadores xa desde unha idade temperá, e serve como rica fonte de enerxía para os pitos en desenvolvemento e para os adultos durante os seus longos voos.[11] Este aceite enreda a plumaxe das aves predadoras, o que pode causar a súa morte.[12] Finalmente, teñen tamén unha glándula do sal que está situada por riba do tubo nasal, que axuda a desalinizar os seus corpos, xa que tragan gran cantidade de auga mariña. Esta glándula excreta unha solución altamente salina polo orificio nasal.[12]
O fulmar boreal foi descrito inicialmente como Fulmarus glacialis por Carl Linnaeus en 1761, baseándose nun espécime do círculo polar ártico de Spitsbergen.[13]