GNU/Linux
familia de sistemas operativos baseados en UNIX que utilizan o kernel Linux / From Wikipedia, the free encyclopedia
GNU/Linux, abreviado ás veces como «Linux», é o termo co que se fai referencia aos sistemas operativos baseados en UNIX que utilizan o kernel Linux e sobre el o software do proxecto GNU e máis software.
Coñecido polo seu uso predominante nos servidores, os sistemas GNU/Linux poden instalarse nunha ampla variedade de hardware: móbiles, computadores persoais, supercomputadoras etc.
Existen numerosos grupos de usuarios de GNU/Linux en case todos os países do mundo. Só en Galicia temos GLUG, GPUL, GALPon, GULO, Inestable, OUSLI, AULUSC e o Proxecto Trasno, adicado, entre outras, á localización de distribucións.