Gitega
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gitega (antigamente Kitega) é a capital e unha das cidades máis grandes de Burundi.[1]
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Burundi | |||
Província (pt) | Provincia de Gitega | |||
Capital de | Burundi (2019–) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 135.467 (2020) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 1.504 m | |||
Creación | 1912 | |||
Pechar
Está localizada no centro do país a aproximadamente 62 quilómetros ao sueste de Bujumbura (a anterior capital e cidade máis grande). Gitega foi a capital do Reino de Burundi até a súa abolición en 1966.[2][3][Nota 1] A finais de decembro de 2018, o presidente de Burundi Pierre Nkurunziza anunciou que cumpriría a promesa que fixera en 2007 de devolverlle a Gitega o seu antigo status político, quedando Bujumbura como capital económica e centro de comercio.[3][4] Cunha votación no Parlamento de Burundi fíxose oficial o cambio o 16 de xaneiro de 2019,[5] esperándose que todas as ramas do goberno se trasladen en tres anos.[6]