Gran Redada
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Gran Redada, tamén coñecida como Prisión xeral de ciganos, pretendía o exterminio biolóxico do pobo cigano en España. Decretado que debían de permanecer cativos até a morte, constou de dúas grandes operacións: unha entre a noite do 30 de xullo de 1749 e a madrugada do día seguinte e outra a partir da terceira semana de agosto (en Cataluña e nalgunhas localidades onde non chegou a orde inicial de prisión, especialmente Málaga, Cádiz e Almería).[1] Foi unha disposición autorizada polo rei Fernando VI e organizada en segredo polo marqués da Ensenada xunto co bispo de Oviedo Gaspar José Vázquez Tablada.